Tuesday 17 de September de 2024

Corte de estrada DP-4803 pola concentración do ANPA do CPI Castro Baxoi


O ANPA do CPI Castro Baxoi de Miño convocou unha concentración de protesta polos recortes en educación para o curso 2024-2025.

O punto de encontro é diante do restaurante Carboeira, ás 19:00 horas de mañá, xoves 15 de agosto. A concentración producirase sobre dez minutos máis tarde, no paso de peóns da estrada DP-4803 situado á altura da peaxe da autoestrada AP-9.

Por este motivo, desde o Concello de Miño informamos que a estrada DP-4803 estará cortada ao tráfico mentres dure dita concentración.